spot_img
InicioCondado ParadantaA Cañiza400 ciclistas participarán na 6º edición da Marcha Cicloturista "Clásica Álvaro Pino"

400 ciclistas participarán na 6º edición da Marcha Cicloturista “Clásica Álvaro Pino”

400 ciclistas participarán na 6º edición da Marcha Cicloturista Clásica Älvaro PinoEste domingo celebrarase a  6ª edición da Marcha Cicloturista “Clásica Álvaro Pino”. A proba que ten a súa saída e meta en Ponteareas, dará comezo ás 9:00h

Participarán 400 ciclistas que percorrerán 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña: Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, As Neves , Salvaterra e A Cañiza. Entre os participantes atópanse nomes destacados do deporte como o propio Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Borja Gómez.

No avituallamento, que terá lugar na Praza Maior da Cañiza, o Alcalde Luis Piña xunto con Alvaro Pino entregarán aos participantes unha proba do xamón da Cañiza, o mellor abandeirado gastronómico do noso Concello.

400 ciclistas participarán na 6º edición da Marcha Cicloturista Clásica Älvaro Pino

O pasado 17 de xulio tivo lugar a presentación do maillot conmemorativo da Marcha no alto da Franqueira, un dos altos de montaña da proba deste domingo

Xunto a Alvaro Pino, o Deputado de Deportes Gorka Gómez, o Alcalde da Cañiza, o concelleiro de Ponteareas Miguel Bouzó e o presidente da asociación organizadora Pedro Alfaro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.