·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán invita ao escritor Bernardino Graña a inauguración da...

O Concello de Nigrán invita ao escritor Bernardino Graña a inauguración da exposición biográfica “O home que quixo vivir”

O Concello de Nigrán invita ao escritor Bernardino Graña a inauguración da exposición biográfica O home que quixo vivirA mostra dirixida por Xan Leira estará aberta ata o 31 de outubro no Auditorio Municipal e incluirá a proxección dun documental o sábado 30 coa presenza do seu protagonista

.

O Concello de Nigrán rende este mes homenaxe mediante a exposición ‘O home que quixo vivir’ a un dos seu veciños máis ilustres: o célebre escritor galego Bernardino Graña, quen vive desde hai décadas na residencia Stella Maris de Panxón. Así, coincidindo xusto co seu 89 aniversario, onte pre-estreouse no Auditorio Municipal o documental vinculado á mostra, todo baixo a dirección e realización de Xan Leira, e coa asistencia do alcalde de Nigrán e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, entre outras autoridades. Sen embargo, a exposición foi aberta ao público esta mañá coa presenza do propio Bernardino, Xan Leira, o rexedor e alumnado do CEIP Humberto Juanes, quen lle cantou o ‘Cumpleaños Feliz’ e lle axudou a soprar as velas.

.

‘O home que quixo vivir’ permanecerá no Auditorio Municipal ata o 31 de outubro (de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas, e fins de semana de actividades neste espazo), e como colofón final o sábado 30 proxectarase o documental ás 17:30 horas.

“Bernardino Graña é un ilustre escritor galego que temos a sorte de ter como veciño, por iso desde o Concello de Nigrán estamos especialmente orgullosos de acoller esta exposición que lle ofrecemos como agasallo no seu 89 aniversario”, explica o alcalde, Juan González, quen avanza que desde o Concello xa se está a traballar para o ano 2022, nos seus 90 anos.

A mostra, composta por 14 roll-ups informativos, fai unha escolma por orde cronolóxica da vida e obra de Bernardino, incluíndo imaxes representativas de cada etapa. A maiores, cada visitante poderá levarse un catálogo informativo a modo de ‘xornal’ que recolle boa parte da exposición e que inclúe códigos QR con recursos de audio ou video. Finalmente, o documental ‘O home que quixo vivir’ (con localizacións para a entrevista en Panxón) a complementa. Este proxectarse o día 30 de outubro e o Concello o ofrecerá para aqueles centros educativos do municipio que o desexen.

“A obra de Bernardino Graña (Cangas, 27.09.1932) é magna.

 

Poesía, narrativa, teatro, conferencias… Un creador e un intelectual de altura que colaborou na modernización da nosa literatura dende moitos lugares desde os que loitar. Puxo toda a súa intelixencia ao servizo do seu pobo” , reflicte a propia mostra de Xan Leira sobre o impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade que o ven de nombrar presidente honorífico. Foi catedrático de lingua e literatura ata a súa xubilación en 1991. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e no Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto. É autor dunha decena de magníficos poemarios, un destacado libro de relatos, unha orixinal novela, máis dunha vintena de salientables títulos infanto-xuvenís e preto de media ducia de pezas teatrais de relevo que merecen maior divulgación no conxunto da sociedade galega e, moi especialmente, entre a xente nova, á cal dedicou unha parte significativa da súa obra escrita na súa residencia moañesa de Tirán.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies