spot_img
InicioCondado ParadantaO Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén a marca "Q...

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén a marca “Q de Calidade Turística”

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño, entorno conformado polo Museo da Ciencia do Viño e a Casa do Conde, ven de conseguir a Marca “Q de Calidade Turística”

Se hai uns meses o Concello de Salvaterra de Miño asinaba a adhesión do Castelo de Dona Urraca á “Red Nacional de Patrimonio Histórico Castillos y Palacios de España”, hoxe suma un novo selo distintivo que recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua.

O conxunto arquitectónico conformado polo Museo da Ciencia do Viño e a Casa do Conde é un espazo de uso que destaca polo seu alto valor patrimonial, histórico e cultural, así coma polo carácter divulgativo da actividade vitivinícola local.  É unha realidade, que dende a inauguración deste espazo museístico, en febreiro do ano 2019, o municipio de Salvaterra de Miño estase a converter nun destino turístico de referencia tanto a nivel nacional coma internacional.

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"

A marca de garantía “Q  Calidade Turística” é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria dos servizos turísticos. Este selo supón o recoñecemento da implantación dun sistema de xestión que garante ós clientes dos establecementos niveis altos de calidade, tanto nas instalacións coma nos servizos prestados. Esta distinción expídea o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e está amparada pola Secretaría de Estado de Turismo, contando co apoio da Xunta de Galicia neste caso.

Unha organización turística obtén a “Q de Calidade Turística” cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a súa norma correspondente ditamina. Ademais, os establecementos avalados con este distintivo teñen que pasar estritas auditorías que aseguran que a prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, co fin de asegurar ós clientes a mellor experiencia turística posible.

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"

A obtención da Marca implica, a nivel externo, para os establecementos un aumento da satisfacción dos seus clientes (fomentando a fidelización directa e indirecta), unha mellora na reputación da organización e a ostentación dun selo diferencial fronte o cliente potencial. A nivel interno, mellora a xestión e eficacia das actividades que se realizan, optimiza os recursos, motiva o persoal e establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización.

En resumen, a marca “Q de Calidade Turística” aporta ós establecementos turísticos adheridos que a ostentan prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción.

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño, coa obtención deste distintivo de calidade, ven de subir un chanzo máis na súa meta cara a excelencia turística.

- Publicidade -spot_img