spot_img
InicioBaixo MiñoO Espazo Fortaleza acolle o XXIII Encontro de bandas de música de...

O Espazo Fortaleza acolle o XXIII Encontro de bandas de música de Goián

XXIII Encontro de bandas de música de GoiánO Espazo Fortaleza acolle o XXIII Encontro de bandas de música de Goián, festival no que vai participar unha banda valenciana que está realizando un Intercambio Musical coa banda de Goián.

A Agrupación Musical de Goián, coa colaboración do Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra, organiza o XXIII Encontro de Bandas de Música no que participarán tres bandas. A primeira en actuar vai ser a Banda de Música de Catoira  dirixida polo mestre Carlos Filgueira. A continuación participará a banda valenciana: a Societat Musical “La Primitiva” de Rafelbunyol, dirixida por Àngel Escutia Martínez. Finalmente, pechará o acto a Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

O encontro celébrase este venres 27 ás 21:00 h. no Espazo Fortaleza de Goián, co Río Miño de fondo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.