spot_img
InicioVal MiñorNigránO equipo alevín do Club Baloncesto Nigrán proclámase campión de Liga

O equipo alevín do Club Baloncesto Nigrán proclámase campión de Liga

o-equipo-alevin-do-club-baloncesto-nigran-proclamase-campion-de-ligaO equipo ALEVÍN do CB Nigrán proclamouse onte campión de Liga tras gañar o seu último encontro no pavillón do CPI de Panxón despois dunha exitosa tempada na que o conxunto nigraniense mantívose invicto desde o inicio da mesma.

Trátase do primeiro título de Liga para o CB Nigrán desde que a actual directiva retomase a actividade deportiva do club fai agora tres anos.

O equipo campión de Liga está formado por un total de 10 xogadores e xogadores que proveñen das escolas deportivas que o CB Nigrán teñen nos diferentes colexios do municipio , neste equipo en concreto maioritariamente dos colexios de Cruz Imos e Carlos Casares de Vilariño, e que despois de recibir unha formación inicial dentro das actividades que o club leva a cabo no propio centro educativo,decidiron federarse e empezar así a competir na liga correspondente.

O presidente do Club, Enrique Villar, felicitou onte ao equipo pola fantástica tempada realizada destacando a grandisima progresión que tiveron partido a partido.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.