Inicio Pontevedra Baixo Miño O vicepresidente da Xunta reuniuse en Tomiño con representantes das asociacións de...

O vicepresidente da Xunta reuniuse en Tomiño con representantes das asociacións de veciños beneficiarias das axudas da administración

o-vicepresidente-da-xunta-reuniuse-en-tomino-con-representantes-das-asociacions-de-vecinos-beneficiarias-das-axudas-da-administracionEn Tomiño, un total de 15 asociacións teñen concedida algunha axuda este ano, o que o converte nun dos concellos galegos con maior número de entidades beneficiarias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe en Tomiño con representantes das asociacións de veciños que resultaron beneficiarias da orde de axudas destinada a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades. No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e pola alcaldesa, Sandra González.

A convocatoria de axudas, que se puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de case millón e medio de euros, o que permitirá ás máis de 130 entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así como en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas.

En Tomiño, un total de 15 asociacións -todas elas vinculadas á xestión de augas- teñen concedidas axudas por valor de 170.000 euros para este ano, o que o converte nun dos concellos galegos onde existe un maior número de entidades beneficiarias. Supera así ás boas cifras do ano pasado, cando recibiron axudas un total de 11 asociacións desta poboación pontevedresa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies