Inicio Baixo Miño A Guarda O encontro musical «Entre Margens» chega á Guarda

O encontro musical «Entre Margens» chega á Guarda

O encontro musical «Entre Margens» chega á GuardaO vindeiro 30 de maio A Guarda acollerá o concerto de Sergio Mirra Trío e  Pan de Capazo enmarcado no «Entre Margens», un festival de música tradicional e danza que se celebra na veciña localidade portuguesa de Caminha.

Este ano o Festival cruza a fronteira para aterrar na Guarda cunha proposta musical na que os músicos atravesarán o Río Miño no Ferry-Boat para traer á Guarda un concerto que non deixará a ninguén indiferente e que terá lugar ás 20:30h na Praza do Reló(en caso de choiva no Centro Cultural).

«Entre Margens – Encontro de Tocadores» celébrase en Caminha do 30 de maio ao 2 de xuño cunha ampla programación na que se inclúen mostra de construtores de instrumentos, presentación de publicacións, cd´s e libros, foliadas, bailes, charlas, animación de rúa, cinema, exposicións e moito máis.

O acto inaugural terá lugar o 31 de maio ás 17:00h(P) a bordo do Ferry Boat, contando coa participación de músicos galegos e portugueses.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies