spot_img
InicioBaixo MiñoA Fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de Balonmán...

A Fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de Balonmán disputarase en Tui

A Fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de Balonmán disputarase en TuiO Concello de Tui será a sede da Fase Final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de balonmán, que se disputará esta fin de semana no novo pavillón deportivo municipal de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra.

Na mañá do sábado 25 disputaranse as semifinais, nas que se enfrontarán ás 10.30 horas aos equipos do Cisne Colexio Los Sauces e ao Seis do Nadal, e ás 12.30 horas ao Laber Xiria contra o equipo anfitrión do Club Balonmán Tui.

O domingo 26, celebrarase a final, ás 12.30 horas, tamén no pavillón deportivo municipal novo.

Dende o Concello de Tui desexamos moita sorte ao Club Balonmán Tui na disputa desta fase final e anima a todos os tudenses a acudir ao pavillón novo a animar aos xogadores.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.