spot_img
InicioReportaxesO Día Mundial contra o Cancro celebra o seu 20 aniversario

O Día Mundial contra o Cancro celebra o seu 20 aniversario

O Día Mundial contra o Cancro celebra o seu 20 aniversarioDesde hai 20 anos conmemórase o día 4 de febreiro como o Día Mundial contra o Cancro, designado pola Axencia Internacional do Cancro ( ARC) co propósito de concienciar á poboación e buscar compromisos internacionais das nacións para que todas as persoas teñan acceso a un adecuado tratamento.

O Día Mundial Contra o Cancro conmemora a loita constante que tiveron diversas organizacións a nivel mundial en contra desta enfermidade. O principal obxectivo da conmemoración deste día é fomentar e fortalecer todas as medidas que estean destinadas á redución da presenza do cancro en todos os seus tipos,  sobre todo, nos países nos que as taxas de morte por esta enfermidade son as máis elevadas do mundo.

Prevención, revisións periódicas e un estilo de vida saudable, os nosos mellores aliados

Con moitos actos e charlas que se celebran por todo o mundo lémbrannos, que hábitos nocivos como o tabaquismo, abuso do alcol ou a obesidade están relacionados coa orixe da enfermidade, por iso a prevención, revisións periódicas e un estilo de vida saudable son os nosos mellores aliados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.