Inicio Vigo e área Vigo Auga seca conquista o público urbano na Televisión de Galicia

Auga seca conquista o público urbano na Televisión de Galicia

Auga seca conquista o público urbano na Televisión de Galicia
Presentación da serie na sede de AFundación en Vigo

Un total de 127.000 persoas sintonizaron coa estrea da serie na TVG, que tamén se emite dende o pasado 17 de xaneiro na portuguesa RTP

Despois de asistir a súa preestrea na Sede de Afundación de Abanca en Vigo o pasado mércores, este domingo puidemos ver por primeira vez na canle pública galega no prime time, Auga seca, a nova serie de Portocabo e da produtora portuguesa SPi para a RTP e Televisión de Galicia,

Este thriller sobre o tráfico de armas estreouse ante a audiencia cun 8,1% de cota de pantalla composto por un público maioritariamente urbano comprendido entre os 24 e os 45 anos. Acadou ademais un gran 60% de fidelidade entre as preto de 127.000 persoas que sintonizaron coa serie nalgún momento.

Deste xeito, esta ficción de 6 capítulos de 50 minutos que foi rodada o pasado verán entre Vigo e Lisboa, conseguiu “unha boa acollida”, tal e como comenta Alfonso Blanco, produtor executivo da serie. “Auga Seca é unha serie que está a ser moi ben recibida pola audiencia, tanto na súa emisión en RTP como agora en TVG, e como xa sucedera na súa presentación internacional no pasado MIPCOM”, explica.Auga seca conquista o público urbano na Televisión de Galicia

Auga seca comeza coa morte de Paulo Duarte no porto industrial de Vigo. Un aparente suicidio que non convence aos seus xefes, nin á policía, nin á súa irmá Teresa –a actriz portuguesa Victoria Guerra-, que se muda de Lisboa a Vigo e empeza a traballar na empresa onde estaba Paulo, co obxectivo de descubrir o que pasou. Guerra traballa ao lado dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores galegos Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais, son algúns dos nomes que completan o elenco internacional desta serie.

Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de José Amaral de SP-i e Alfonso Blanco de Portocabo, creador da serie. O guión correu da conta de José Rubio, Carlota Dans, Lidia Fraga, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez, a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte, de Andrea Pozo, e a música, de Elba Fernández e Xavi Font. Sumando forza a este equipo internacional atópanse destacados profesionais do grupo SP Televisão, ao que pertence SP-i, cuxas series foron premiadas nos prestixiosos International Emmy Awards.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies