spot_img
InicioBaixo MiñoO concerto de Carlos Núñez clausura este domingo a VIII edición de...

O concerto de Carlos Núñez clausura este domingo a VIII edición de IKFEM

O concerto de Carlos Núñez clausura este domingo a VIII edición de IKFEMRecta final para a oitava edición do Festival de Teclado da Eurociudad Tui – Valença, a máis longa e especial da súa historia. Ainhoa Arteta celebrou o pasado mércores con gran éxito un recital no Teatro Municipal de Tui, vestida para a ocasión por Ágatha Ruíz da Prada. Unha viaxe polas cancións do recordo con grandes autores do repertorio español, con Javier Carmena ao piano e un auditorio con aforo completo.

Este domingo 11 de outubro será Carlos Núñez quen poña o broche de ouro á oitava edición de IKFEM cun concerto apoiado por AECT Galicia – Norte de Portugal na Catedral de Tui. Unha cita coas Cantigas sacras galego-portuguesas para a que Carlos Núñez quixo convidar a dous artistas residentes en Tui do ámbito da tecla: o seu compañeiro desde hai décadas Pancho Álvarez, que entre moitos outros instrumentos toca a zanfona, e o pianista Daniel Pereira, que tocará o órgano. Así mesmo, sendo un festival transfronteirizo, contará cun trío portugués, o Ensemble Med, que tamén conta cun instrumento de tecla inusual, a nyckelharpa nórdica, que viría ser un híbrido de zanfona e fídula. As entradas están esgotadas.

Este sábado poderemos gozar da proposta de Caspervek: O heroe do río, que poñerá música en directo á película muda “O heroe do río” de Buster Keaton, unha trama baseada nos propietarios de dous barcos fluviais que compiten polo control do transporte de mercadorías no Mississippi. Este concerto, inicialmente programado no Auditorio CILV de Valença, celebrarase exclusivamente online dadas as novas recomendacións sanitarias no norte de Portugal. Será en streaming a través da páxina de Facebook do Festival.

- Publicidade -spot_img