Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán participa co proxecto "Un Nigrán para todos" nunhas xornadas da Universidade...

Nigrán participa co proxecto “Un Nigrán para todos” nunhas xornadas da Universidade de Granada sobre inclusión na industria musical

Nigrán participa co proxecto "Un Nigrán para todos" nunhas xornadas da Universidade de Granada sobre inclusión na industria musicalA institución académica invitou a participar ao alcalde nunha mesa redonda adicada a este proxecto municipal e ao tema ‘Invencibles’ da banda almeriense Nixon, considerados ambas dúas referencias nacionais en visibilización

O Concello de Nigrán presentou o proxecto ‘Un Nigrán para todos’ nas primeiras xornadas da Universidade de Granada sobre discapacidade, diversidade e igualdade na industria da música. A través de videoconferencia, o alcalde, Juan A.González, participou nunha mesa redonda adicada ao proxecto do municipio ‘Un Nigrán para todos’ e ‘Invencibles’ da banda almeriense Nixon, considerados ambos referencias nacionais en visibilización. El Langui, Nixon, Rakel Arymux, Toni Romero (teclista de Chambao e Antílopez) ou actuacións en directo (Laura Fernández, cantaora flamenca), charlas e mesas redondas centran estas xornadas semipresenciais que arrancaron onte en Granada e finalizaron o pasado venres.

O rexedor desgranou, unha a unha, as iniciativas de inclusión levadas a cabo en Nigrán a través do grupo interdisciplinar ‘Un Nigrán para todos’, sendo a máis popular no ámbito cultural a adquisición de 5 mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música. Xunto a el, compatiron mesa Miriam Aller, directora de Entresignos e membro de ‘Un Nigrán para todos’; un portavoz do club de rugby inclusivo Ura Clan; e Alejandro Sánchez Navarro, cantante do grupo almeriense Nixon que ven de editar o tema ‘Invencibles’, un un proxecto con fins benéficos na que participa Shuarma (Elefantes), Gabriel de la Rosa (Shinova), Adrián Gutiérrez (Nunatak), Delaporte, Rayden o Delafé.

Hai tempo que a Universidade de Granada se puxera en contacto con nos porque lles interesou moito as mochilas vibratorias e quixeron coñecer a nosa experiencia para valorar se as adquirían. A raíz disto interesáronse moito no noso proxecto de ‘Un Nigrán para todos’ e nos invitaron a estas xornadas que, finalmente, foron semipresenciais por seguridade sanitaria“, explica o alcalde. “Estamos moi orgullosos de ser unha referencia nacional en temas de inclusión e nos gustaría moito que o proxecto de ‘Un Nigrán para todos’ se extendese a cada localidade”.

‘Un Nigrán Para Todos’ é un grupo de traballo interdisciplinar do Concello de Nigrán formado en 2015 por profesionais adicados á mellora da calidade de vida das persoas con diversidade e que propón accións encamiñadas a garantir a accesibilidade universal en Nigrán, prestando especial atención ás barreiras sensoriais, as máis ‘invisibles’ para a sociedade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies