Inicio Baixo Miño A Corredoira de Tui acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades...

A Corredoira de Tui acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo

A Corredoira de Tui acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismoCelebrarase domingo e luns con protocolo covid. Haberá obradoiros manualidades para nenos e nenas

O Paseo da Corredoira acolle esta fin de semana un mercado solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizado polo Concello de Tui e a asociación Revolto Artesán Galego.

Contará con 18 postos de antigüidades e coleccionismo, alimentación con produtos como filloas doces e salgadas e queixos gourmet, artesanía en madeira, pedra, cristal ou barro… Abrirá o domingo de 10 a 21h e o luns de 10 a 20.30 h.   O domingo de 10 a 12 h voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño estarán nunha carpa recollendo alimentos non perecedoiros.

Amais tanto o sábado coma o domingo de 17 a 19 h haberá un obradoiro de manualidades para nenos e nenas de 6 a 12 anos, cunha capacidade de 5 persoas que irán rotando en función da asistencia.

Revolto Artesán Galego é unha asociación sen ánimo de lucro formada por artesáns, anticuarios, ofertantes de obxectos de coleccionismo e ecolóxicos

O mercado contará cun protocolo COVID, con carteis informativos. Os postos gardarán unha distancia de 2 metros, contarán con xel hidroalcóholico, panos de papel e papeleira de pedal, así como un cartel informativo sobre as medidas a tomar dentro do mercado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies