Inicio Val Miñor Baiona Baiona distingue ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da “Medalla de...

Baiona distingue ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da “Medalla de Ouro”

A praza do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega do máximo galardón que pode outorgar a Corporación Municipal, un evento no que estiveron presentes representantes, exrepresentantes e integrantes do Instituto de Estudos Miñoranos e a Corporación do Concello de Baiona.

O Concello de Baiona homenaxeou este venres a Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da “ Medalla de Ouro” pola súa traxectoria a favor da cultura do Val Miñor, acordado por unanimidade pola Comisión de Honras e Distincións.

Xosé Lois Vilar, vicedirector do IEM, expuxo no seu discurso a longa traxectoria da entidade. Mentres que o discurso do alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, na gratitude polo seu gran labor cultural.

A “Medalla de Ouro” foi recollida polos exdirectores do IEM Carlos Méixome Quinteiro e Xulián Maure. Á foto de familia sumáronse os vicedirectores actuais da entidade, Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Antonio Soliño.

Baiona distingue ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da “Medalla de Ouro”

En nome do IEM recibiron o premio Carlos Méixome Quinteiro e Xulián Maure Rivas, anteriores directores, acompañados dos actuais subdirectores Xosé Lois Vilar Pedreira (por Baiona), Antonio Soliño Troncoso (por Gondomar) e Xilberte Manso de la Torre (por Nigrán)

“ O traballo constante, voluntario e desinteresado de membros e colaboradores do Instituto de Estudos Miñoranos foi e é, a clave de que o proxecto, siga na vangarda da divulgación cultural en Baiona e no resto dos municipios do Val Miñor. Baiona tiña unha conta pendente con esta institución por iso é de xustiza que reciban a Medalla de Ouro do noso Concello, a máxima distinción local”, destacou o rexedor.

 

O Instituto de Estudos Miñoranos leva máis de dúas décadas, o próximo 27 de outubro cúmprense vinte e un anos da súa constitución, dedicado á divulgación da cultura nas súas máis diversas expresións, vinte e un anos de esforzo altruísta posto en común por un bo número de persoas movidas polo único interese de fomentar o coñecemento do patrimonio e a historia da comarca e na Vila de Baiona.

Trátase do primeiro recoñecemento público oficial ao labor altruísta dos membros do IEM “que ao longo de todos estes anos conseguiu transformar, coa colaboración das institucións como o Concello de Baiona, o panorama cultural da nosa Vila mediante un amplo abanico de actividades de divulgación relacionadas co patrimonio natural, etnográfico, histórico, artístico, arquitectónico ou, mesmo, lingüístico. Salvagardou e promocionou a nosa identidade, o noso idioma e a nosa cultura, entendendo a realidade miñorana e por tanto a baionesa en como integrada no ámbito xeral da sociedade galega. Tamén é importante destacar a achega dunha gran variedade de Publicacións ao Patrimonio Bibliográfico Baionés. Un labor deste Instituto que, non sendo oficial, ten desenvolto a expresión independente emanada da sociedade miñorana, en xeral e a Baionesa en particular, conseguindo con fartura todos estes postulados mencionados”, sinalou Gómez no seu discurso.

O esforzo destas persoas, profesionais de diversos ámbitos, permitiu ao IEM manter unha programación cultural estable e un ritmo de traballo constante na procura de novos estímulos culturais para os baioneses e baionesas e para o resto de miñoranos.

O IEM constituíuse formalmente como asociación en 1999 co obxectivo de fomentar o coñecemento, conservación e respecto polo patrimonio miñorano, no cal se inclúe o baionés, en diferentes disciplinas coa finalidade de destacar o seu valor como ben económico e cultural. Cabe destacar ademais, a colaboración que mantivo desde a súa fundación que o Concello iento de Baiona.

Baiona distingue ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da “Medalla de Ouro”

Entre as moitas actividades que veu desenvolvendo a entidade ao longo dos anos en Baiona atópanse as xa tradicionais “ Xeiras” do IEM que son unha cita marca en vermello no calendario cultural da Vila: visitas guiadas a distintos lugares de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico de Baiona, como as visitas guiadas á aldea medieval de San Cosme, na parroquia de Baíña; as visitas guiadas pola Fortaleza de Monte Real; os distintos roteiros culturais guiados; os roteiros marítimos pola nosa Baía …

Mención á parte merecen as diferentes xornadas que dedica á divulgación do patrimonio e á cultura da Real Villa así como os esforzos dedicados á reivindicación da memoria histórica como as homenaxes aos nove veciños da comarca fusilados en outubro de 1936 na coñecida como Volve dos Nove en Baredo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies