Inicio Baixo Miño A Guarda A exposición “Río Miño-Memorias transfronteirizas” chega á Guarda

A exposición “Río Miño-Memorias transfronteirizas” chega á Guarda

A exposición “Río Miño-Memorias transfronteirizas” chega á GuardaA Exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas” permanecerá no andar baixo da Casa dos Alonso até o 20 de outubro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres

Dende este venres día 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño – memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.

Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, chega á Guarda, do 9 ao 20 de outubro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.

Link vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=SqJ0p6HQ90E&feature=youtu.be

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies