spot_img
InicioO MorrazoMarínUnha senda peonil conectará as parroquias de Coirados e Pardavila en Marín

Unha senda peonil conectará as parroquias de Coirados e Pardavila en Marín

Unha senda peonil conectará as parroquias de Coirados e Pardavila en MarínA conexión peonil entre Coirados e Pardavila xa está máis cerca de ser unha realidade. As obras que se están a desenvolver por parte da empresa Narom S.L avanzan a moi bo ritmo, dado que xa se está a formigonar en diversas zonas.

Esta actuación, que está a ser executada pola Consellería de Infraestruturas, dependente da Xunta de Galicia, está dotada con 570.000 euros. Trátase da execución dun itinerario duns 2 quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada PO-313, desde a saída de Marín e conectando coas beirarrías até Pardavila, unha vez pasado o enlace da Variante de Marín.

O obxectivo prioritario desta actuación é incrementar a seguridade dos veciños nos seus desprazamentos cotiás e promover unha mobilidade máis sostible. Esta actuación, enmarcada no Plan de Sendas da comarca do Morrazo, na que se contemplan oito itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisace, está cofinanciada polos Fondos FEDER 2014/2020.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.