Inicio Baixo Miño O Concello de Tui recibe ás subcampioas provinciais de Campo a Través...

O Concello de Tui recibe ás subcampioas provinciais de Campo a Través por equipos

o-concello-de-tui-recibe-ceip-de-guillarei-subcampioas-provinciais-de-campo-a-traves-por-equipos

O equipo alevin feminino do CEIP de Guillarei acadou a segunda posición no campionato provincial

 Hoxe o salón de plenos do Concello de Tui foi o escenario para recibir ao equipo alevin feminino do CEIP de Guillarei, que participou nos pasados días no campionato provincial de campo a través, acadando a segunda posición.

No acto estiveron presentes, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, María José González, concelleira de Cultura, Guillermo Reinaldo, Coordinador de Depportes de La Xunta de galicia en Pontevedra, Liliana González, directora do CEIP Guillarei, Fernando Domínguez, Maestro de Educación Física no CEIP Guillarei e Adolfo Pérez do AMPA do CEIP Guillarei.

Durante o acto destacouse a importancia do logro destas deportistas tendo en conta que competían con clubs de atletismo de toda Galicia.

“Fixéstesnos sentir a todos moi orgullosos. Participar no Campionato fué un agasallo” dicía Fernando Dominguez, quen declarou que o apoio do AMPA e o Concello fué moi importante, pois lles permitiu ir un día antes.

Pola súa banda, Adolfo Pérez, quixo agradecer o apoio prestado de catro empresas, sen o cal, todo tería sido máis dificil. As empresas son: PLASTIGRAFIC, SERTUY, GRESVISTO e COPLEGAL.

Todo un éxito o logrado polo equipo integrado por Tatiana Muñoz, Alejandra Cabaleiro, Laura Ramírez, Saula Rocha, Kholoud Rouchdi e Nuria Silva, ao proclamarse subcampioas provincias de campo a través ante os mellores clubes da provincia e que por problemas operativos non puideron recoller o trofeo de subcampioas, les foi entregado nesta mesma recepción. Parabéns!

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies