spot_img
InicioBaixo MiñoA Eurocidade Tui-Valença se promociona na principal Feria de Turismo de Lisboa...

A Eurocidade Tui-Valença se promociona na principal Feria de Turismo de Lisboa (BTL)

a-eurocidade-tui-valenca-se-promociona-na-principal-feria-de-turismo-de-lisboa-btl

A Eurocidade Tui-Valença promocionarase dende mañá e ata o domingo na BTL de Turismo de Lisboa cun posto propio no que dar a coñecer os múltiples atractivos que presentan as dúas cidades a unha e outra beira do Miño.

O Camiño Portugués de Santiago será un dos eixos centrais desta promoción tendo en conta que Valença é o último punto deste traxecto en territorio portugués e Tui o primeiro en Galicia, así coma o importante auxe experimentado por esta vía de peregrinación.

Pero amais os recursos naturais co río Miño, o Parque Natural do Monte Aloia, o Monte Faro, xunto á gastronomía propia das dúas cidades, o conxunto histórico de Tui, a fortaleza de Valença, os valores patrimoniais e histórico e as actividades conxuntas que organizan en diversos ámbitos estarán tamén presentes na BTL.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, desprazarnase mañá ata Lisboa para participar na  feira, mentres que o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, ten previsto viaxar na fin de semana.

O posto da Eurocidade, a segunda vez que Tui-Valença contará con espazo propio na feira, contará con maquetas das dúas cidade e da vella Ponte Internacional, así coma con diverso material promocional das dúas cidades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.