Inicio Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui busca avanzar nas Sendas do Miño

O Concello de Tui busca avanzar nas Sendas do Miño

O Concello de Tui busca avanzar nas Sendas do MiñoNos próximos días estaquillarase o tramo entre as dúas pontes internacionais, previa a unha reunión cos propietarios

Avanzar no proxecto da senda do Miño entre Tui e Tomiño foi o obxectivo da reunión que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mantivo esta semana en Pontevedra co xefe provincial de Costas, Enrique Fernández, e cun representante da Consellería de Medio Ambiente.

Sobre a mesa estivo a viabilidade do proxecto e o financiamento preciso para poder executar esta actuación. A senda terá unha lonxitude de 16 quilómetros, e suporá un investimento de 1,6 millóns de euros.

Dende o Concello de Tui procederán nos próximos días ao estaquillado da zona que vai dende a vella Ponte Internacional até a nova Ponte Internacional. Posteriormente convocarán aos propietarios afectados a unha reunión para estudar a cesión destes terreos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualifica o proxecto das sendas do Miño de “estratéxico” para pór en valor en valor o noso medio natural, polo que demandan a implicación tanto da administración central coma da autonómica para a súa execución. Precisaba que se trata dunha actuación transversal que afecta a varios concellos.

O obxectivo é que toda a beira do Miño no termo municipal de Tui conte cunha senda que vai dende o límite con Tomiño até Salvaterra.  En 2016 executouse unha primeira actuación entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional cunha senda de 286 metros cadrados.

Amais do proxecto cara Tomiño está tamén pendente a senda cara Salvaterra. Sobre este último treito o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembra o compromiso de financiamento por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, que nos últimos días nunha acción xunto a Costas está a estaquillar a zona para facer unha nova delimitación da zona marítimo terrestre.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies