Inicio Pontevedra A música de The Soul Jacket da o pistoletazo de daída ao...

A música de The Soul Jacket da o pistoletazo de daída ao proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’ en Redondela

A música de The Soul Jacket da o pistoletazo de daída ao proxecto 'Música e Viño no Teu Camiño' en RedondelaSoul e rock&roll maridarán cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 20.30 horas coa apertura da venta de viños

Arranca o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’. The Soul Jacket será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao proxecto este venres 4 de outubro na Praza da Torre de Redondela nun evento no que o soul e rock&roll deste grupo galego maridarase cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 20.30 h coa apertura dos stands de venta de viño con DO Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes poderán degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares. Ás 21.00 h o escritor redondelano Manuel Puga será o encargado de dar a benvida ao público e dar paso ao concerto musical.

Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela, recalará en A Guarda e Tui.

Son todo concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionarán como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies