Inicio Vigo e área Salceda de Caselas O Concello de Salceda publica as bases para participar no seu desfile...

O Concello de Salceda publica as bases para participar no seu desfile de Entroido

O Concello de Salceda publica as bases para participar no seu desfile de EntroidoO Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura e Festexos, que dirixe Alex Rodríguez ven de publicar as bases para participar no XXII Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o domingo 23 de febreiro de 2020.

Durante a semana do 3 ao 9 de febreiro as agrupacións de Salceda poderán formalizar a súa solicitude, e dende o 10 ao 16 a inscrición abrirase para as agrupacións de calquera Concello. As agrupacións deberán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademais, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan todas as agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de compoñentes.

Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, a mellor maquillaxe, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertidas, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade.

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.gal ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello.

En Salceda, o Entroido é unha das súas festas máis importantes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.

A programación municipal completará o xa tradicional enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 130 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.

Alex Rodríguez Canosa, Concelleiro de Cultura: “O Entroido é sen dúbida a festa máis importante de Salceda, unha festa que a veciñanza vive con paixón, cando menos dende hai 130 anos. Xa estamos a traballar entre as diferentes concellarías para que a festa sexa un éxito para as persoas participantes e para as milleiros de visitas que se achegarán ao noso Concello”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies