Inicio Pontevedra A Paradanta A Festa da Lamprea de Arbo celebra este ano a súa 60ª...

A Festa da Lamprea de Arbo celebra este ano a súa 60ª edición

A Festa da Lamprea de Arbo celebra este ano a súa 60ª ediciónA Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 60 e recoñecese un ano máis a antigüidade, a continuidade, o arraigo e a singularidade deste evento, acadado grazas ao traballo dos veciños, restauradores, pescadores e corporacións anteriores encargados de promover esta festa.

A lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no escudo e na bandeira de Arbo.

Para os arbenses a lamprea, é o máis preciado tesouro, un peixe venerado xa polos romanos, que maridado cos afamados viños  das adegas de Arbo, podese desfrutar, nos reputados restaurantes da vila e, por suposto, na Arbomostra, a Feira Agroindustrial e Artesanal da bisbarra do Condado-Paradanta, que suma, este ano, a súa XXIV edición.

FITUR ACOLLE A PRESENTACIÓN DA LX FESTA DA LAMPREA DE ARBO

Un ano máis o Concello de Arbo, presentaba a súa tan afamada festa da Lamprea en Madrid, onde ademáis da presentación, tamén participaba o Xeodestino Condado – Paradanta.

A Festa da Lamprea de Arbo celebra este ano a súa 60ª edición

O alcalde do concello de Arbo Horacio Gil, no seu discurso facía mención a que segundo un estudo recente que a gastronomía típica dun destino será o principal reclamo para máis dun 60% dos viaxeiros neste 2019. “E en Arbo, tomámolo ao pé da letra“.” Desde aquel 1961, Arbo celebrou ininterrompidamente 60 edicións da que é a nosa festa máis importante, e tamén das máis antigas de España.”

Os días 24, 25 e 26 de abril Arbo acollerá a máis de trinta mil visitantes aos que o Concello invita a compartir unha das súas sinais de identidade máis afamadas, a gastronomía.

O rexedor animaba a todos os presentes a que os días 24, 25 e 26 de abril acudisen á Festa da Lamprea, unha oportunidade única para descubrir en todo o seu esplendor a lamprea, Arbo, os seus costumes e as súas xentes. Os seus cociñeiros e cociñeiras son creadores da receita que pasou de xeración en xeración ao longo da historia. “Se queren gozar durante todo o ano da nosa lamprea, non se preocupen, porque en Arbo poden facelo. A partir da lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea, guisada con fideos e tirabequees, frita, asada á brasa, en empanada…”, destacou.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies