spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Club remo Robaleira da Guarda presenta a nova tempada

O Club remo Robaleira da Guarda presenta a nova tempada

O Club remo Robaleira da Guarda presenta a nova tempadaO Club remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020 xunto cos deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores fíxose un pequeno repaso das categorías cas que contan para esta vindeira tempada.

Infantiles, cadetes, xuvenís e senior, das que só se completan dúas tripulacións para banco fixo. Polo que o clube marca como obxectivo a corto plazo a recuperación e captación de antigos e novos remeiros e remeiras.

Por outra banda, no remoergómetro, contan con dous puntais; o incansable Damián Alonso, que vén de colleitar éxitos no campionato europeo e ten o mundial nas próximas semanas; e o equipo de remo de San Xerome, cun palmarés envidiable que terá que esperar uns meses para competir polos cambios de datas nos campionatos.

Destacaron tamén as melloras e cambios que se están dando no club e que seguirán, aínda que pouco a pouco, xa que precisan de axuda económica para todos eles.

Os que xa se acometeron con axuda de subvencións e do Concello, a compra dunha nova furgoneta e dous ergómetros novos, melloras nas instalacións como a nova pintura do ximnasio,etc.

A posta a punto das palamentas de fibra que levarán o nome de Obelisco Cantería, Diser, Langosteiros e a xa clásica Mecalia.

E como novidade máis visible o cambio na equipación. Chándal e plátano (roupa de competición) que levarán o nome de ORPAGU, Pesquera Alba e Pesquera Rumbo a tódalas competicións posibles.

Dende Robaleira agradecen a todos eles e a os socios a súa contribución ao remo guardés.

- Publicidade -spot_img