Inicio Pontevedra O Salnés O Concello de Ribadumia renova contedores para o reciclaxe de aceite vexetal...

O Concello de Ribadumia renova contedores para o reciclaxe de aceite vexetal usado

Dentro do seu compromiso co medio ambiente e o medio natural o Concello procedeu á colocación de cinco contedores metálicos

Ribadumia-renova-contedores-reciclaxe-aceite-vexetal-usadoO Concello de Ribadumia dentro do seu compromiso co medio ambiente e co medio natural, e dentro do seu Acordo de Colaboración para a recollida do aceite vexetal usado có Grupo Soil, acaba de proceder á renovación de 5 contedores metálicos para o reciclaxe do mesmo. Estes contedores se colocaron nos mesmos puntos en que se colocaran provisionalmente contedores laranxas de plástico de 240 litros. Con este cambio trátase de avanzar no servizo de reciclaxe xa que facilita o depósito por parte dos veciños á hora de vertir e a recollida dese aceite usado e en definitiva, mellora tanto a calidade do servizo como a nivel estético.

Os cinco contedores atópanse distribuídos nas parroquias do Concello, en concreto, están nas seguintes localizacións: en Barrantes, na rúa Valle Inclán; en Ribadumia, na rúa Raúl Alfonsín; outro na Carrasquiera en Sisán; en Lois atópase na rúa Cruz e o último en Lugar Leiromean en Leiro.

Compre salientar que o aceite de cociña usado débese depositar dentro de botellas de plástico cerradas e que en ningún caso debe botarse nestes contedores aceite mineral procedente de vehículos.

O reciclaxe de aceite usado constitúe unha iniciativa máis dentro dunha serie de melloras efectuadas no Concello de Ribadumia para valorizar tódolos residuos, mellorar significativamente a calidade da recollida selectiva e diminuír o custo da xestión do lixo.

Por poñer un exemplo da importancia da recollida de aceite usado, hai que salientar que un litro de aceite contamina ata 1000 litros de auga. Pola contra, un litro de aceite reciclado convértese nun litro de biodiesel, un combustible para coches sostible e ecolóxico.

Botar aceite de cociña usado polo fregadeiro supón un deterioro progresivo das tubarias da nosa casa e supón un serio problema para as depuradoras de augas do noso Concello.

O Concello de Ribadumia por todo isto, pide a máxima colaboración e participación de toda a cidadanía co obxectivo de reciclar a maior cantidade posible de aceite de cociña usado e agradece de antemano a colaboración de tódolos veciños.
Saúdos.
Departamento de Comunicación do Concello de Ribadumia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies