spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaTilintilonia, espectáculo teatral para bebés en Redondela

Tilintilonia, espectáculo teatral para bebés en Redondela

A Concellaría de Cultura continúa este domingo o ciclo de teatro para a poboación infantil co espectáculo para bebés, TILINTILONIA

Tilintilonia-espectáculo-teatral-para-bebés-Redondela

A compañía O Baúl da tía tola presenta este espectáculo dirixido aos máis peques da casa, dende os 6 meses aos 3 anos.

Componse de estímulos sensoriais, busca a transmisión de sentimentos e emocións, coas que os cativos conectan inmediatamente, e ademais estimula a súa capacidade comunicativa. Os sons, a música, a danza, os monicreques, as texturas e o movemento son as súas ferramentas de traballo, coas que crean un espazo onde experimentar e atopar unha morea de novos estímulos e sensacións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres (Tilín e Tilón, cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo.

 Este espectáculo interactivo ten unha duración de 20-30 minutos, e celebrarase en tres funcións: ás 17, 18 e 19.00 h. A capacidade para cada unha é de 40 persoas.

 O prezo da entrada é de 2 € para público infantil e 4 € para público adulto, e pódense mercar dende hoxe no multiúsos da Xunqueira.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.