spot_img
InicioVal MiñorBaionaTodo preparado en Baiona para celebrar A Arribada, a súa festa máis...

Todo preparado en Baiona para celebrar A Arribada, a súa festa máis emblemática

Baiona-prepárase-celebrar-Festa-da-Arribada-marzo-1493-carabela-Pinta-arribou-Baiona-noticiadescubrimentoUn ano máis, Baiona prepárase  para celebrar a Festa da Arribada, evocando aquel 1º de marzo  de 1493, data na que  a carabela Pinta arribou en Baiona, coa insólita noticia do descubrimento dun Novo Mundo

 

A  vila conmemorará este domingo o 552 aniversario da arribada da carabela «A Pinta» a Baiona, con a inauguración  do Museo da Navegación e mañá sábado, coa entrega do Lazo de Honra do Concello a título póstumo a Anxo Fernández, autor do monólito da Arribada na praza Pedro de Castro. Alí realizarase unha ofrenda floral para conmemorar o 50 aniversario do monumento.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Cultura e Turismo, María Igrexas, deron a coñecer un programa de actividades que crece cada ano.

Para esta vixésima edición, o escenario amplíase tamén ao Parque da Palma, onde haberá unha zona para xogos de aventuras, onde se poderá practicar desde escalada a tirolina.

Durante o fin de semana os hostaleiros servirán pratos especiais con produtos de época, avanzou o presidente da asociación de comerciantes (Aceba), Marcos Comesaña.

A tradicional feira medieval prevista os próximos 7 e 8 de marzo incorpora este ano curiosas novidades e gaña terreo na vila. As atraccións amplíanse por primeira vez ao parque da Palma, onde se poderá gozar dun parque de aventuras e un minizoo e o novo espazo de diversión “Desafío Medieval” ofrecerá unha tirolina con 82 metros de descenso en picado para os máis atrevidos. segundo avanzou onte a concelleira de Cultura e Turismo, María Igrexas.

Baiona-prepárase-celebrar-Festa-da-Arribada-marzo-1493-carabela-Pinta-arribou-Baiona-noticiadescubrimento

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.