spot_img
InicioVal MiñorGondomarCampionato de Niveis de Patinaxe Artística en Gondomar

Campionato de Niveis de Patinaxe Artística en Gondomar

Campionato de Niveis de Patinaxe Artística en GondomarO próximo 28 e 1 de marzo o Club de Patinaxe Artística de Gondomar organiza no pavillón C.E.I.P. Donas o I campionato de Nivel de Patinaxe Artística. Nesta competición cóntase cuns 200 participantes chegados de toda a provincia de Pontevedra e Ourense.

O Club de Patinaxe Artística Gondomar, que este ano é o anfitrión, séntese máis que satisfeito por poder levar a cabo un campionato destas características, manifestando a súa ilusión e afrontando con ánimo este novo reto, que non sería posible realizar, aclaran dende o C.P.A. Gondomar, senón se contase coa implicación de todas as persoas que integran o Club e pais de alumnos que dedican gran parte do seu tempo en lograr organizar un acontecemento destas dimensións, que este ano logrou superar as expectativas de participación. Este proxecto deportivo conta ademais, coa colaboración do concello de Gondomar e de innumerables colaboradores vinculados ao Val Miñor.

O Club de Patinaxe Artística Gondomar con apenas un ano dende a súa creación, conta con grandes campións en alta competición, tanto a nivel Autonómico, Nacional e Europeo, conseguindo diferentes títulos en distintas categorías.

O pasado 7 e 8 de Febreiro celebrouse no pavillón municipal das travesas de vigo (Pontevedra) a 14ª edición do Campionato Galego de Grupos Espectáculo e Cuartetos. Na xornada do sábado foi a quenda de Grupos Xuvenil e Grupos Grandes. En Juvenil, o C.P.A. Gondomar proclamouse campión coa súa coreografía “Cosa de Dos”.

O próximo campionato no que participará o C.P.A. Gondomar será na copa Deputación que se celebrará o próximo sete de marzo en Covelo.

Os debutantes, terán en Gondomar, o seu primeiro encontro no mundo da competición, estes patinadores Terán unha idade comprendida entre os 7 e os 16 anos. O C.P.A Gondomar presenta 10 patinadores (Joel, Esteban, Ainhoa, Sofía ,Zaira, Sara, Ana, Sara ,Carlota e Alba) mostrando a aposta pola súa canteira e o traballo que se está a levar a cabo para asegurar o futuro da patinaxe artística na bisbarra.

O encontro dividiuse entre os días 28 e 1 de Marzo, onde os patinadores e patinadoras demostrarán, o seu talento, destreza e habilidades na pista. Serán 15 os clubs que se desprazarán a Gondomar, para mostrar a valía dos participantes, sendo o C.P.A. Gondomar o anfitrión e como clubs de patinaxe invitados estarán o Soutomaior, Rosaleira Mos, Porriño, Condado, Luar, Castrelos, Ribex, Eixo, Carpa, Ánfora, Valladares, Covelo, Vagalume e o Club de patinaxe de Ourense, “Ourela” que se presenta por primeira vez, nun ampionato de Nivel en Pontevedra. Ao finalizar faráselles entrega de diplomas.

- Publicidade -spot_img