spot_img
InicioO Salnés“A Buxaina” chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia

“A Buxaina” chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia

Ribadumia Auditorio MunicipalActuará este domingo 1 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio de Ribadumia

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana unha actuación do grupo Etnográfico A Buxaina, que permite aos asistentes pasar un intre agradable e divertido a través da música e baile dunha trintena de artistas. Haberá un espectáculo de oito parellas de baile ó ritmo de músicos e pandereteiras.

A grupo comeza a súa andaina folclórica no ano 1985 e camiña da man do Centro recreativo artístico e cultural de Coruxo (CRACC) onde os seus integrantes ensaian. Ademais levan a cabo a organización anual de numerosos proxectos relevantes para a súa parroquia como poden ser festivais e diferentes homenaxes.

Ademais, o grupo conta cunha prometedora canteira de bailaríns e pandereteiras da súa escola infantil, o que supón para a Buxaina o medio para continuar coa súa labor de mantemento da cultura galega, botando man das novas xeracións que seguen os seus pasos.

A entrada é de balde, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.