spot_img
InicioO SalnésO Concello de Ribadumia presenta a IV edición da ruta ciclista BTTinto,...

O Concello de Ribadumia presenta a IV edición da ruta ciclista BTTinto, que este ano se celebrará o 7 de xuño

Concello-Ribadumia-presenta-IV-edición-ruta-ciclista-BTTinto-este-ano-celebrará-7-xuñoO Concello de Ribadumia presentou esta mañá a IV edición da Ruta BTTinto, que este ano se disputará o vindeiro domingo 7 de xuño en Barrantes, coincidindo coa celebración da Festa do Viño Tinto do Salnés. A ruta, organizada polo Concello de Ribadumia e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, tamén conta coa colaboración na organización dos clubs ciclistas Armenteira e Punto,  Salnés Bici e CDM Xesteiras.

Ó acto de presentación acudiron a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; o presidente da Deputación, Rafael Louzán; Jorge, membro do CDM Xesteiras- ; Javier Guillén, Director xeral da Volta Ciclista a España; e Fernando Escartín, recoñecido ex ciclista español polas súas participacións e logros na Vuelta Ciclista a España e no Tour de Francia que este ano será o encargado de apadriñar a multitudinaria ruta.

O padriño de esta edición afirmou que “a evolución que está vivindo esta marcha dende que comezou está a ser fantástica, e iso quere dicir que estades a facer as cousas ben. É un verdadeiro honor apadriñar esta marcha”. Así como comezou a primeira marcha con 1.063 participantes, o ano pasado foron 2.600 os que se achegaron ata Ribadumia para descubrir as fermosas paisaxes que a ruta oferta, polo que dende a organización e o Concello esperan que este ano “se achegue xente nova e repitan os que xa viñeron”.

Hoxe en día a BTTinto é unha das probas máis numerosas a nivel autonómico e nacional con un gran recorrido paisaxístico e patrimonial de Ribadumia, Meis  e Meaño”, recalcou a alcadesa de Ribadumia, Salomé Peña. A ruta está programada para o vindeiro 7 de xuño e a inscrición está aberta desde hoxe na páxina web do Concello e permanecerá dispoñible ata o 3 de xuño.

Este ano, como en edicións anteriores, celebrarase a proba principal de Mountain Bike, de 49 km de recorrido e coa alternativa dos 33 km de ruta para as persoas que queiran disfrutar dun contacto directo coa natureza e coa riqueza patrimonial de Ribadumia e de Meis nunha proba menos esixente. A ruta percorre lugares de gran atractivo, coma é o monte do Castrove con vistas panorámicas da ría, muíños, mosteiros e bosques de gran beleza.

Coma en edicións anteriores tamén haberá unha ruta de sendeirismo de 20 km de recorrido e unha proba combinada de 35 km a bicicleta e 2 de carreira a pe. A novidade deste ano chega coa integración dunha carreira de montaña –trail de montaña– que supoñen unha proba moi atractiva e que se atopan en auxe en todo o panorama nacional.

Para Javier Guillén, o Director xeral da Volta Ciclista a España, “o éxito desta proba radica na participación e na integración. Trátase de pasar un bo día e de entreterse, e pode facelo tanto un profesional do ciclismo como alguén que quere pasar un bo día coa famila”.

Pola súa parte, o presidente da Deputación Rafael Louzán, afirmou  que gracias a esta proba  “estamos logrando que a maior concentración ciclista de Galicia teña lugar en Ribadumia, en pleno corazón do Salnés, e reitero que a xente acuda a Ribadumia, Meaño e Meis para coñecer as fermosas paisaxes que se esconden nesta zona”.

- Publicidade -spot_img