spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Historia de Redondela a través dos Maios

A Historia de Redondela a través dos Maios

A Historia de Redondela a través dos MaiosA Concellaría de Cultura organiza a presentación do libro “60 anos de crónicas redondelás(unha ollada dende as coplas dos Maios), do redondelán Xesús Olimpio Giráldez Lera.

A publicación, editada pola Concellaría de Cultura, é unha viaxe a través do tempo que nos permite coñecer a historia de Redondela da man das coplas dos maios. Trátase dun percorrido que nos mostra a retranca e o bo humor que caracterizan as coplas dos Maios, pero tamén a historia e os asuntos que máis preocuparon á veciñanza redondelá dende os anos 50 do século pasado.

A presentación celebrarase o martes 22 de abril, ás 20.00 h, na sala II de exposicións do multiúsos da Xunqueira.

Nese mesmo espazo poderase visitar a mostra organizada polo Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela,  “Fotografías dos Maios ao longo do tempo”, composta de imaxes, rescatadas dos seus fondos, relativas á celebración da Festa dos Maios dende a década dos 50 ata hoxe en día.

A mostra inclúe 40 instantáneas pertencentes a veciños e veciñas do concello, que as cederon temporalmente para seren dixitalizadas e tratadas no Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela, e diversos carteis dos Maios das coleccións de Olimpio Giráldez Lera e Amado González Cardama.

A mostra poderase visitar ata o 4 de maio.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.