spot_img
InicioVal MiñorBaionaXXVII Festa da Bicicleta do Val Miñor 2015

XXVII Festa da Bicicleta do Val Miñor 2015

XXVII FIESTA DE LA BICILETA DO VAL MIÑOR 2015O Concello de Baiona en colaboración cos concellos de Nigrán, Gondomar e a Deputación Provincial de Pontevedra organizan un ano máis, A FESTA DA BICICLETA 2015, que alcanza nesta edición a súa XXVII Aniversario e que consegue ano tras ano o traballo conxunto dos servizos de deportes do tres concellos e das súas respectivas policías locais.

O próximo domingo día 17 de Mayo “A Festa da Bicicleta” parte de Baiona a partir das 10.30 horas desde o parque da palma, así que todos os interesados/as en participar deberán presentarse o día 17 de Maio a partir das 9.45 horas coa súa correspondente bicicleta e casco no Parque da Palma (será totalmente obrigatorio o uso do casco e ter máis de 7 anos para poder participar) para formalizar a súa inscrición e recoller o seu correspondente dorsal identificativo.

A festa está organizada e deseñada para todas aquelas persoas (maiores de 7 anos) que sexan capaces de chegar ao ritmo do pelotón desde os seus diferentes puntos de saída, cada concello o seu até Baiona e volver, a excepción do concello de Baiona que este ano irá recoller ao concello de Nigrán, á chegada sobre as 12.00 h realizarase un sorteo entre os participantes de material deportivo e a novidade máis importante é que este ano se anima aos participantes que así o desexen “participar ataviados con roupa antiga e volver ás orixes da bicicleta para darlle unha animación clásica e diferente á nosa tradicional festa” e tentar pór os cimentos e orixe do que esperamos sexa nosa particular TWEED RIDE que xa se desenvolven por media europa.

En canto aos participantes de Gondomar a súa saída esta disposta no Concello de Gondomar ás 10.45 h e percorrerán desde Gondomar a Baiona ida e volta, será necesario estar polo menos 45 min antes da saída para tramitar a inscrición e recoller os dorsais.

E para os participantes de Nigrán, a súa saída esta disposta desde o Concello, ás 11.00 h e percorrerán desde Nigrán a Baiona ida e volta, será necesario estar polo menos 45 min antes da saída para tramitar a inscrición e recoller os dorsais.

Para maior información dirixirse ao pavillón de Deportes Municipal ou chamar ao T: 986.356.558 e tamén se dispón de e-mail; deportes@baiona.org.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.