spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaPresentación de GaliciaLe en Redondela

Presentación de GaliciaLe en Redondela

Presentación-de-GaliciaLe-en-RedondelaO secretario xeral de Cultura, D. Anxo M. Lorenzo Suárez, presentará o luns, 20 de abril, ás 20:00 h. na Casa da Cultura, a plataforma de préstamo de libros electrónicos, GaliciaLe, en Redondela dentro das actividades da VII Semana do Libro, a Festa das Palabras, programadas polas bibliotecas municipais e o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, en conmemoración do Día do Libro.

GaliciaLe é a plataforma de lectura electrónica da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A través dela os usuarios das bibliotecas poden acceder a un dobre catálogo de títulos (en galego e castelán) dispoñibles en formato electrónico e con dúas modalidades de lectura: en streaming ou mediante descarga en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Os únicos requisitos para facer uso deste servizo son ter carné de usuario nalgunha das 391 bibliotecas que compoñen a Rede de Bibliotecas de Galicia, e rexistrarse previamente no propio portal de GaliciaLe.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.