spot_img
InicioVal MiñorBaionaFend a Bisse, Burla Negra e Virazón lideran o Trofeo Turismo Rías...

Fend a Bisse, Burla Negra e Virazón lideran o Trofeo Turismo Rías Baixas

Fend-a-Bisse-Burla-Negra-Virazón-lideran-Trofeo-Turismo-Rías-BaixasComezou con forza o Trofeo Turismo Rías Baixas, a primeira das grandes regatas programadas polo Monte Real Club de Yates para este 2015. Aínda que o vento non acompañou aos regatistas, soprando moi frouxo e inestable durante toda a xornada, as tripulacións saíron á auga dispostas a dalo todo. A competición estivo moi rifada até o final e nalgunhas clases a vitoria decidiuse por unha marxe de apenas uns segundos.

Na categoría dos ORC 1-2 o primeiro posto foi para o Fend a Bise, do Yate Clube do Porto, patroneado por Jean Claude Sarrade. En segunda e terceira posición quedaron o Bosch Service Solutions, do Club Náutico de Canido, con Fernándo Yáñez á cana; e o Altamar Dez, do Club Náutico Punta Lagoa, liderado por Juan González Crespán.

Juan José Martínez Silva levou á tripulación da Burla Negra, do Real Club Náutico de Vigo, á vitoria na clase dos ORC 3-4. O Unus de Punta Lagoa, con Luís García Trigo de patrón fíxose co segundo posto e o Maracaná I, do Real Club Náutico de Vigo, patroneado por Luís Suárez, completou o podio provisional.

Na categoría dos J80, o Virazón de Miguel Lago e a Luna Nueva de Juan Luís Tuero, ambos os do Monte Real Club de Yates, fixéronse co ouro e a prata, deixando en terceira posición ao Náutico Corvo mariño, do Real Club Náutico Illa da Toxa, que patroneaba Ignacio Bolibar.

Neste primeiro día de competición, os barcos participantes empregaron unhas dúas horas en completar un trazado costeiro que, partindo de Vigo, tiña prevista a liña de chegada en Baiona, aínda que finalmente houbo que acurtar o percorrido en Carallones por falta de vento.

O Trofeo Turismo Rías Baixas continuará o vindeiro sábado día 25 coa segunda e última xornada de competición. A partir do mediodía, as tripulacións medirán as súas forzas en varios percorridos entre aboias situadas na baía de Baiona. Pola tarde, ao finalizar as probas, as instalacións do Monte Real Club de Yates acollerán a entrega de premios aos gañadores.

TROFEO TURISMO RÍAS BAIXAS

CLASE ORC 1 – 2

1) FEND A BISE (YC PORTO)
2) BOSCH SERVICE SOLUTIONS (CN CANIDO)
3) ALTAMAR DEZ (CN PUNTA LAGOA)

CLASE ORC 3 – 4

1) A BURLA NEGRA (RCN VIGO)
2) UNUS (CN PUNTA LAGOA)
3) MARACANÁ I (RCN VIGO)

CLASE J80

1) VIRAZÓN (MONTE REAL CLUB DE YATES)
2) LÚA NOVA (MONTE REAL CLUB DE YATES)
3) NÁUTICO CORVO MARIÑO (RCN ILLA DA TOXA)

Fend-a-Bisse-Burla-Negra-Virazón-lideran-Trofeo-Turismo-Rías-BaixasTrofeo Turismo Rías Baixas 1

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.