Inicio Galicia Turismo de Galicia convoca os premios Camiño de Santiago para o ano...

Turismo de Galicia convoca os premios Camiño de Santiago para o ano 2015

Turismo de Galicia convoca os premios Camiño de Santiago para o ano 2015Trátase dun recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aqueloutras que supoñan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos e as accións específicas de divulgación e promoción, de maneira que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

Os principais obxectivos destes premios son avanzar na mellora do Camiño de Santiago especialmente en relación cos seus itinerarios e contornos ambientais, paisaxísticos e arquitectónicos e a súa protección xeral e posta en valor; aumentar a sensibilidade cidadá en relación coa relevancia dos valores do Camiño de Santiago, estimular o coñecemento do patrimonio xeral do Camiño e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas Administracións públicas.

O prazo de presentación das candidaturas será dun mes a partir do día 10 de abril, día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies