Inicio Vigo e área Redondela O Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar...

O Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar para tratar a situación delicada da Confraría de pescadores

Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para tratar a situación delicada da Confradía de pescadoresA Confraría San Xoán de Redondela está a pasar por unha situación delicada nos últimos tempos, situación que se ve agravada por mor da crise económica derivada do COVID-19.

O pasado mes de xaneiro nomeábase unha nova Xunta directiva que pretendía mellorar a situación crítica que se arrastraba dende algún tempo, pero a chegada da pandemia obligou a realizar un parón na recollida que sumado ao peche da hostelería, produciu unha merma significativa das súas vendas.

Dende o Concello de Redondela, informan que están en contacto directo coa Confraría, colaborando na medida do posible para paliar os efectos económicos producidos por esta situación insólita. Entre outras actuacións, dotouse de medios preventivos a estas traballadoras co reparto de máscaras, así como coa colaboración na recollida das algas durante o pasado mes de maio, poñendo a súa disposición maquinaria e medios técnicos humanos.

A chegada de algas ás praias e a súa acumulación nos bancos de marisqueo contribúe a agravar o problema para as maricadoras, xa que supón unha ameaza para o molusco e un coste en tempo e diñeiro inasumible, xa que o depósito dos residuos xera multitude de dificultades.

Ó Concello continua no seu comunicado, que ten intención de continuar con esta colaboración, asumindo este tipo de actuacións puntuais, pero precisan que debe ser a Xunta de Galicia, a que asuma as competencias que lle son propias e colabore coa confraría e co propio Concello para axudar a estas traballadoras nun complicado momento económico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies