spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín aumenta o gasto nas praias do municipio co fin de que...

Marín aumenta o gasto nas praias do municipio co fin de que sexan seguras fronte á crise da Covid19

Marín aumenta o gasto nas praias do municipio co fin de que sexan seguras fronte á crise da Covid19O Concello de Marín fixo balance esta mañá do gasto realizado durante este 2020 para os seus areais, que ascende a cerca de 300.000 euros, unha cantidade que se viu substancialmente incrementada debido á adopción de medidas de seguridade e hixiene necesarias dentro da crise da Covid19.

Dentro destas medidas de prevención, o Concello aumentou o presuposto para gastos e limpeza e mantemento dos areais, supoñendo un total del 58.612,20 €. Tamén houbo un incremento no material sanitario presente nas praias, cun prezo de 3.630 €, a ao que se sumaron equipos de desfibriladores automáticos, cunha inversión de 2.057 €.

Ademais, co obxectivo de garantir o cumprimento das medidas esixidas polas autoridades pertinentes, creáronse unidades de vixilancia especial para as praias con patrullas de Policía Local e servizos extraordinarios, no que se investiu un total de 29.137, 12 €.

Esta labor de concienciación cidadá reforzouse coa instalacións de diferentes mecanismos de advertencia, como equipos de megafonía, cun total de 3.751 €, ferramentas cartográficas para o cálculo de aforo nas praias, cun total de 3.611,85 € e lonas de advertencia fronte a Covid19, no que o gasto foi de 1.626,80 €.

Con esta dotación especial para os areais, o Concello busca que estes sexan o máis seguros posible tanto para a veciñanza como para visitantes, buscando que se cumpran todas as medidas de hixiene recomendadas para o seu desfrute.

A maiores realizáronse nos areais de Marín as accións habituais de cara o mantemento dos mesmos e posta a punto de cara a tempada estival como son as accións de acondicionamento da area, que tivo un custo de 16.335 €; o balizamento, cunha inversión total de 11.374 €; os labores de desbroce, tanto dos areais como dos viarios de acceso, cun total de 15.476,14 €, ademais do baleirado das fosas sépticas, cun custo de 12.089 €.

Por último, estarían os gastos nos equipos de socorrismo nos que o Concello asumiu un gasto de 97.889,85€. Ademais, adquiríronse táboas de rescate para os socorristas por un valor de 2.931, 23 € e unha pasarela enrolable para o acceso á praia cun prezo de 2.291, 74 €.

- Publicidade -spot_img