spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebra o Día de Galicia cun concerto de Xabier Díaz

Baiona celebra o Día de Galicia cun concerto de Xabier Díaz

Baiona celebra o Día de Galicia cun concerto de Xabier DíazContinúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de cultura dentro do Baiverán 2020. Unha programación pensada para todas a idades que anima o verán dos veciños e visitantes ao municipio.

Esta semana, o cine, o humor e o concerto de “Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre” protagonizan a programación do Baiverán. Este mesmo martes, ás 23:00h., no Parque da Palma, proxectarase en pantalla xigante o filme “El niño que pudo ser rey”. O mércores, tamén ás 23:00h. o humorista Xan Veiga trae ao Parque da Palma o seu monólogo “Aqueles marabillos anos”, un espectáculo no que se convida ao espectador a embarcarse nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos ou cantigas.

Todas as actividades do Baiverán están supervisadas por un técnico en prevención que se encargará de controlar que se cumpran as normas marcadas polas autoridades sanitarias para a nova normalidade

O plato forte desta semana chegará o xoves, ás 23:00h., tamén no Parque da Palma, co concerto dun dos músicos galegos máis internacionais, Xabier Díaz, acompañado de “Adufeiras do Salitre”. Díaz trae a Baiona un espectáculo aplaudido dentro e fóra de Galicia no que 10 músicos suben ao escenario para ofrecer un poderoso directo. Este concerto é tamén o xeito que o Concello de Baiona ten celebrar este ano o Día de Galicia.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

 

- Publicidade -spot_img