spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán e Prado Surf únense á xornada de limpeza...

O Concello de Nigrán e Prado Surf únense á xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada Adega

O Concello de Nigrán e Prado Surf únense á xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada AdegaO Concello de Nigrán, nesta ocasión con Prado Surf, súmouse por segundo ano consecutivo á oitava xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. A praia de Patos formou parte da vintena de areáis de toda Galicia nos que se realizou esta acción.

Participaron medio cento de persoas que recolleron fundamentalmente cabichas e pequenos plásticos.

EDUCACIÓN AMBIENTAL

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

Este tipo de accións son fundamentais para concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.