O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, xunto co presidente e outros membros da comunidade de montes de Chandebrito visitaron hoxe as obras de acondicionamento do campo de futbol de Chandebrito.
Tanto o Concello como a comunidade de montes están a proceder á mellora dun terreo de xogo que este propio fin de semana xa será utilizado por un equipo local da parroquia, á vez que se acometerán melloras en peches e perímetro.
Alberto Valverde adianta que o goberno municipal prevé acometer nas próximas semanas outras actuacións de acondicionamento de diversas pistas forestais en Chandebrito.
Así mesmo, o alcalde de Nigrán Alberto Valverde adianta que o goberno municipal prevé acometer nas próximas semanas outras actuacións de acondicionamento de diversas pistas forestais en Chandebrito, accións que tamén se realizarán en estreita colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia, e que se sumarán ás xa realizadas no entorno da Igrexa, e que para o rexedor son “mostra positiva de que tanto a comunidade de montes como o concello podamos colaborar en beneficio único da parroquia.”



