Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra concede 171.482 euros ao concello de Nigrán para...

A Deputación de Pontevedra concede 171.482 euros ao concello de Nigrán para remodelar o campo de futbol municipal de Condominguez

O concello de Nigrán procederá a remodelar o campo de futbol municipal de Condominguez (Priegue – Nigrán) tras ser aprobada esta mañá na xunta de goberno da deputación de Pontevedra unha subvención de 171.482 euros, coa cal se procederá a executar o proxecto elaborado pola enxeñeira municipal.

As obras financiadas a través desta subvención concedida pola Deputación de Pontevedra Concello de Nigráao Concello de Nigrán consistirán na renovación do céspede artificial que está en estado de deterioración, e o sistema de rega que non funciona correctamente e que vén mesmo provocando perdas de auga.

O goberno municipal adxudica ademais a reforma dos vestiarios por un importe de 38.421,15 euros

Doutra banda, o alcalde de Nigrán confirmou que o goberno municipal xa adxudicou unha obra de remodelación dos vestiarios deste campo de fútbol por importe de 38.421,15 euros, as cales consistirán na reposición dos acabados interiores (solados e alicatados), renovación das instalacións de saneamento, electricidade e fontanaría, a reposición e ampliación da carpintaría exterior, renovación do mobiliario, e o pintado interior e exterior. O rexedor informa que estas obras dos vestiarios comezarán nos próximos días, e que se tratarán de executar o máis rápido posible e de forma que as mesmas xeren o menor prexuízo na utilización das instalacións neste inicio da tempada.

O alcalde, Alberto Valverde, mantén que estas obras son importantísimas e necesarias para unhas instalacións utilizadas por máis de 300 nenos e nenas, e que está nun estado moi precario

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, asegura que desta forma, coa colaboración da Deputación que financia as obras no terreo de xogo e a rega, e as obras xa adxudicadas polo concello para a reforma dos vestiarios, dáse resposta a unha demanda dos usuarios destas instalacións, especialmente Nigrán CF e Escolas Deportivas Val Miñor, cunha remodelación practicamente completa desta instalación deportiva municipal, do mesmo xeito que xa se fixo co campo de fútbol de Vilariño no que se realizou unha actuación que superou o 300 mil euros tras a firma dun convenio coa deputación de Pontevedra.

O alcalde de Nigrán mantén que se trata dunhas obras importantísimas e moi necesarias debido a que o estado destas instalacións é moi precario. Para o alcalde ?non podía pasar máis tempo sen actuar nunhas instalacións que utilizan máis de 300 nenos e nenas das Escolas Deportivas Val Miñor, e o Nigrán CF, e que con todo o seu estado non era o adecuado?.

Para Alberto Valverde “estas actuacións son un compromiso con máis de 500 nenos e nenas, que se cumpriu no caso da actuación levada a cabo en Vilariño, e que espero cumprir os nenos e nenas que o fan en Condominguez, e unha axuda e agradecemento ao labor que fan as directivas dos clubs do noso municipio”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies