spot_img
InicioO MorrazoMarínO Concello de Marín anima a gozar do municipio a pé a...

O Concello de Marín anima a gozar do municipio a pé a través do turismo verde e seguro

O Concello de Marín anima a gozar do municipio a pé a través do turismo verde e seguroO municipio conta con cinco roteiros por distintos enclaves que poden realizarse cumprindo con todas as medidas. “O sendeirismo é unha forma moi boa de coñecer o noso municipio a pé, porque moitas veces temos sen descubrir espazos do noso propio lugar”, asegurou a concelleira de Turismo, Cristina Acuña.

As restricións sanitarias supuxeron para todos un cambio de chip e de plans á hora de gozar do noso tempo libre. Nestes momentos, debemos ser responsables e cumprir estritamente con todas as medidas impostas para frear o avance da pandemia. Pero iso non significa que non podamos gozar do noso tempo libre dun xeito seguro e sostible.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, lembrou esta mañá que Marín ofrece “excelentes alternativas a nivel turístico, deportivo e de lecer que poden aproveitarse sempre, pero especialmente nestas circunstancias”. Seguindo esa filosofía, Acuña anima á veciñanza a gozar de Marín A Pé, lema da campaña pola que se lembran todas as rutas de sendeirismo habilitadas na vila, ás que se lle dará difusión durante estes días.

“Facer sendeirisimo é unha forma moi boa de coñecer o noso municipio, máis alá do casco urbano”, asegura a concelleira. “Moitas veces acontece que existen espazos e rincóns no noso propio lugar de residencia que nin coñecemos e coas rutas que temos habilitadas é sinxelo descubrilos”.

Acuña incide en que o positivo desta actividade é que pode facerse “con convivintes ou incluso en soidade, cumprindo co resto de medidas actualmente vixentes”. Así a todo, o que si refreou a pandemia foi a organización de andainas populares, “nas que xuntábamos moita xente e que agora son imposibles de realizar dada a situación”.

En total, son cinco os percorridos que poden facer aqueles amantes da natureza e da espectacular contorna do noso Concello:

1.- Ruta dos 5 Miradoiros: un traxecto que supón a descuberta dos grandes miradoiros do noso municipio, cambiando a perspectiva desde a que coñecer Marín. Ten unha dificultade media, unha lonxitude de 7 quilómetros e un tempo estimado de realización de 3 horas.

2.- Roteiro das Praias: toda a costa de Marín nunha única ruta, desde Portocelo até o Santo, con lugares únicos que son recoñecidos con distintivos ambientais como a Bandeira Azul. O nivel de dificultade é medio e supón unha ruta perfecta para realizar con toda a familia. A súa lonxitude é de 8 quilómetros e un tempo estimado de realización de 2 horas.

3.- Roteiro dos Montes e Praias: definida como a gran ruta de Marín, permite a aqueles que a fan descubrir todo o patrimonio escondido entre os montes da nosa vila: muíños, mámoas, menhires… A isto súmanselle unhas vistas únicas da ría desde as alturas. A dificultade é media-alta e supón algo máis de esforzo por parte do sendeirista.

4.- Roteiro do Monte Penizas: percorrido lineal ata o cumio do Monte Penizas, pasando polas trincheiras da Escola Naval e puidendo ampliar ata Santomé de Piñeiro.

5.- Roteiro de Subida ao Lago: o lago de Castiñeiras, un dos pulmóns verdes de Marín, agarda ao sendeirista ao final da ruta en ascensión polo río Lameira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.