Inicio Galicia Compostela A Catedral de Santiago estará lista para su "reinauguración" 800 anos despois...

A Catedral de Santiago estará lista para su “reinauguración” 800 anos despois da súa construcción

A Catedral de Santiago estará lista para su reinauguración 800 anos despois da súa construcción
Núñez Feijóo, Román Rodríguez; Xosé Sánchez Bugallo, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo// Foto Xunta de Galicia

O presidente da Xunta que visitou as obras de restauración da catedral de Santiago, destacou que o templo estará listo para abrir a Porta Santa e iniciar o Xacobeo 2021 tras unha das maiores actuacións realizadas nun Patrimonio Mundial

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe o feito histórico que supón reinaugurar a Catedral de Santiago 800 anos despois da súa construción. ”É algo inaudito”, dixo, ao tempo que explicou que o templo terá que pechar para volver a abrir en todo o seu esplendor.

Fíxoo durante a visita ás obras de restauración da Catedral, que encaran a súa recta final coa retirada das estadas do interior para abrir a Porta Santa e iniciar o Xacobeo 2021 o próximo mes, e na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo.

O presidente da Xunta salientou as tarefas desenvoltas nestes anos, unha das maiores actuacións realizadas recentemente nun ben declarado Patrimonio Mundial pola Unesco. Así mesmo, puxo en valor o labor conxunto da Fundación Catedral, do Cabido de Santiago, do Concello e da Xunta, “un éxito de xestión e un éxito técnico”. “Todos aqueles que axudaron a que a Catedral recobrara o seu esplendor xa forman parte da historia de Galicia”, abundou.

A Catedral Santiago de Compostella pecha para volver abrir moi pronto. A minuciosa e delicada restauración realizada, unha das maiores actuacións nun ben Patrimonio da Humanidade da última década, encara a súa recta final.
 

Esta imaxe anticipa o resultado final do que todos poderemos gozar. //Foto Xunta de Galicia

Tamén recordou que os traballos se intensificaron a partir de 2015, grazas a un convenio co Goberno do Estado e ao investimento público achegado polas administracións central e autonómica.

O titular da Xunta lembrou finalmente a celebración do Día do Patrimonio Mundial o próximo luns, unha ocasión para presumir de España como o terceiro país do mundo con máis bens declarados Patrimonio Mundial pola Unesco.

Na nosa Comunidade contan con este recoñecemento a Cidade Vella de Santiago de Compostela, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules. Ademais, agárdase que o vindeiro ano se logre a declaración da Ribeira Sacra e trabállase en dúas candidaturas máis, xa inscritas na Lista Indicativa da Unesco: Cíes-Illas Atlánticas e Ferrol da Ilustración.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies