Unha temporada máis, desde aquela de os inicios no 2014, o C B.Nigrán volve a re inventarse e fai a presentación da actual 2020/2021, despois da anterior infestada de éxitos deportivos con 3 dos seus equipos clasificados en primeiro lugar nas súas respectivas ligas e xogando finais, a pesar de que en marzo se tivo que deixar de competir polo Covid.
Esta tempada diferente non puideron realizar a súa presentación como todos os anos no Pavillón municipal de Panxón, polo que o Club decidiu facelo dunha maneira diferente, vía telemática/en liña, para que os seus xogadores e xogadoras sentan igual de importantes que noutras ocasións.
Os 10 equipos desta tempada 2020/2021 saltan á cancha ofrecéndonos unha nova versión, a través de tres vídeos, agrupados por categorías, onde cada un dous 120 xogadores e xogadoras preséntanse quitándose a máscara e podendo ver os seus rostros, nun alarde de demostrar a ilusión por poder adestrar cada día. Desde o Club séguese potenciando as categorías de Minibasket, cos equipos Baby, Benjamin e Alevin, os tres en formato mixto, dentro da filosofía e política de igualdade que se ten no club. Estas categorías son de especial atención e moita dedicación, debido a que son o futuro asegurado durante anos para o Club.
En categoría Infantil, volve contar con 3 equipos, algo que xa vén sendo habitual o últimas tres tempadas e que dá mostra do bo traballo que vén realizando na base e nas Escolas de baloncesto que o Club ten nos diferentes colexios de Nigrán.
Dous infantís masculinos e un infantil feminino, dan fé deste marabilloso traballo. Continuando nesta liña, en categoría Cadete, dispoñen de dous equipos, un masculino e outro feminino, ambos ocupando o seu número máximo de licenzas.
Pola parte de arriba, xa nos atopamos co equipo Júnior masculino, que veñen de xogar a pasada tempada a final da súa liga en categoría cadete, dando mostra dos éxitos do traballo tempada tras tempada e da liña deportiva a seguir.
Pechando os equipos desta tempada temos a categoría Sénior masculina, que nas tres tempadas no Club(esta é a cuarta),quedaron Campións de Liga e xogado a Fase de ascenso todas elas, poñendo ese broche na “parte de arriba” da pirámide do Club.
A Directiva móstrase moi ilusionada #ante esta nova tempada, tendo pensando novos proxectos á espera de poder realizalos segundo vaian desenvolvéndose as circunstancias a nivel sanitario. Polo momento todos os equipos continúan adestrando, algo que desde o Club ” ven como moi positivo, porque os nenos e nenas estiveron moitos meses sen poder facer actividade e o feito de poder retomar esa normalidade e a continuidade nos adestramentos é unha gran achega non só físico, senón psicolóxico para tod@ s, volven convivir cos seus compañer@ s, intercambian vivencias, senten novamente as sensacións de botar un balón, de compartir pista” algo que é fundamental para o seu crecemento e evolución como persoas.
Será unha tempada diferente e atípica, pero o C B.Nigrán quere achegar a maior normalidade posible(non sen aplicar todas as medidas do Protocolo Covid), nesta tempada 2020/2021, non deixando de ter na súa axenda novas ideas que se queren levar a cabo.