Inicio Pontevedra A Deputación destinará preto de 200.000 euros para unha "potente campaña de...

A Deputación destinará preto de 200.000 euros para unha “potente campaña de comunicación e promoción turística” no 2021

A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais para melloras nas infraestruturas turísticas do ruralEstá previsto un investimento de máis de 780.000 € en campañas de promoción turística da provincia nos próximos catro anos

Consciente de que “estamos nun momento moi complicado para o sector turístico” pero tamén “optimista, vendo que parece que vai haber vacinas”, a presidenta da Deputación anunciou esta mañá a aprobación do proceso de contratación do servizo de xestión integral da campaña anual de comunicación e promoción turística do destino Rías Baixas 2021 que terá un investimento de 200.000 €. “Queremos ter todo en marcha -dixo Carmela Silva- adiantarnos e avanzar rápido para estar preparadas e preparados”. Por todo elo, engadiu a presidenta, “prevemos ata tres prórrogas  -do contrato – que supoñen a posta en marcha dun proxecto de máis de 780.000 € para a promoción turística nos próximos catro anos”.

A campaña terá en conta “o novo escenario” e a situación do sector turístico. Deste xeito, para o 2021, a acción promocional centrarase en mercados de proximidade e na captación de turistas e visitantes “da Península Ibérica xa que somos moi conscientes –asegurou Silva- de que aínda estamos nunha situación complicada e seguramente as persoas que se acheguen ata a provincia proveñan de Galicia, do resto de España e Portugal”.

Carmela Silva: “Estamos nun momento moi complicado para o sector pero queremos ser optimistas e poñer todo en marcha, adiantarnos para telo todo preparado”

Durante o 2021 a campaña de comunicación e promoción turística apostará pola difusión do destino provincia de Pontevedra e os seus recursos turísticos mediante “accións dirixidas á desestacionalización”. Máis polo miúdo, a presidenta detallou que as actividades promocionais estarán “moi centradas na natureza, no patrimonio e na vida saudable, que serán as temáticas máis relevantes porque é o que están solicitando as e os visitantes, son as demandas reais despois de ter vivido unha situación de pandemia”. Deste xeito, para poder divulgar estes fitos, a Deputación apostará o vindeiro ano por empregar medios online e offline, “ao igual que fixemos neste 2020 e que nos permitiu acadar máis de 24 millóns de impactos”.  Tamén está previsto que mediante esta contratación se realice un proceso de avaliación da campaña promocional  “que permitirá mellorar os resultados no marco do noso obxectivo de eficacia, eficiencia e boas prácticas de actuación”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies