·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoBueuO Concello de Bueu organiza unhas xornadas de promoción do "polbo de...

O Concello de Bueu organiza unhas xornadas de promoción do “polbo de Bueu”

O Concello de Bueu organiza un evento de promoción do polbo de BueuO evento constará dunhas xornadas sobre o polbo, que se celebrará este sábado no Estaleiro da Banda do Río, e dunha ruta gastronómica, que será á semana seguinte

O Estaleiro da Banda do Río, moi vinculado coa tradición mariñeira de Bueu, será o escenario elixido para as xornadas de promoción do Polbo de Bueu que organiza o Concello de Bueu coa colaboración da Confraría de Pescadores de Bueu. Tal e como apunta Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, “debido á Covid-19, é o segundo ano no que non podemos celebrar a tradicional Festa do Polbo, pero non queremos perder a oportunidade de poñer en valor o polbo, posto que é un dos noso produtos estrela”.

Co obxectivo de continuar a poñer en valor o polbo, o próximo sábado, 21 de agosto, terán lugar unhas xornadas que comezarán ás 11.30 h cunha conferencia a cargo de José Manuel Dopazo Entenza, filólogo bueués titulada “Polbo, un termo en discusión”, na que se falará sobre o significado da palabra ‘polbo’, seguido dunha mesa redonda sobre a pesca do polbo na que participarán José Manuel Rosas, patrón maior de Bueu, e Yaqui Lista, mariñeira de Camariñas. Esta mesa servirá para explicar as formas de captura deste cefalópodo nas diversas rías galegas. O acto estará conducido por X.H. Rivadulla Corcón, escritor e presentador galego, recoñecido por programas de contido mariñeiro como ‘O clan das mariñeiras’, ‘Pescadores de historias’, ‘Ribeiras de Salitre’ ou ‘Náufragos’ Ao remate, actuará o grupo Anda Roda, que tocará pezas tradicionais e vinculadas á Illa de Ons.

Estas xornadas continuarán o 27 de agosto cunha ruta gastronómica, na que se descubrirá a historia e os segredos do polbo, o Bueu mariñeiro, e rematarase coa degustación dunha tapa de polbo na Praza de Abastos.

Para todas as actividades se respectarán as medidas Covid-19 e por iso é preciso que as persoas que desexen asistir se inscriban previamente a través dun formulario dende a web municipal.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies