spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda inaugura a exposición fotográfica “Facedoras do Baixo Miño” 

A Guarda inaugura a exposición fotográfica “Facedoras do Baixo Miño” 

A inauguración, con invitación previa, terá lugar o mércores 18 de agosto ás 19:00h na Casa dos Alonso.

A Guarda acolle a partires do vindeiro mércores día 18 de agosto unha exposición fotográfica que leva por nome “Facedoras do Baixo Miño”, e que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.

Este proxecto da continuidade ao de “Facedoras de Bueu” no que Mar Caldas quere transmitir o legado da muller na Galicia Rural, neste caso centrado na Comarca do Baixo Miño, e ao traballo da muller en diversos ámbitos coma o viveirismo, os cultivos de froitas e verduras, a artesanía ou o traballo do mar, coma é o caso das redeiras.

A exposición estará nos baixos da Casa dos Alonso dende o mércores 18 de agosto ata o 2 de setembro en horario de luns a venres de 9:00h a 14:30h.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.