spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello da Guarda presenta a súa nova ferramenta de administración electrónica

O Concello da Guarda presenta a súa nova ferramenta de administración electrónica

o-concello-da-guarda-presenta-a-sua-nova-ferramenta-de-administracion-electronica

A partir de agora os guardeses e guardesas poderán interactuar co seu Concello e realizar trámites administrativos sen saír da súa casa. O concello, a través da Deputación de Pontevedra que contratou o servizo de administración electrónica para concellos ,  vén de implementar unha nova ferramenta que busca modernizar a xestión administrativa e ofrecer aos cidadáns a posibilidade de realizar xestións a través de Internet.

Con esta nova sede de administración electrónica o Concello da Guarda, ademais, cumpre a Ley 11/2007 de Acceso Electrónico de los Ciudadanos a los Servicios Públicos que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010 e que se consolidou na Ley 39/2015 e 40/2015 que outorga o dereito aos cidadáns de ter unha administración electrónica, resolutiva e capaz de relacionarse con eles sen esperas e desde calquera lugar.

A iniciativa foi implantada pola empresa española esPublico, especializada en servizos xurídicos e na modernización administrativa para a Administración Local, e conta ca con máis de 4.600 Concellos en toda España e clientes en todas as provincias do Estado. A ferramenta, chamada Gestiona, caracterízase pola súa sinxeleza e facilidade de uso tanto para o funcionario como para o público, o que se combina coa máis novidosa tecnoloxía e  o estrito cumprimento da lei. A aplicación integra na mesma ferramenta a posibilidade de realizar rexistros electrónicos, expedientes dixitais dentro do Concello e unha oficina virtual para o cidadán na que ademais de iniciar os seu trámites pode consultar en todo momento o estado da súa solicitude.

Con esta ferramenta o Concello da Guarda convertese nun municipio punteiro na prestación de servizos ao público, do cal serán beneficiarias todas as persoas e, en especial, aquelas que por distintas razóns non podan achegarse ás oficinas municipais para realizar en persoas os trámites administrativos. Grazas á nova Sede Electrónica do Concello, http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0, os guardeses e guardesas poderán aforrar tempo, se reducirán as colas de espera no Concello e os funcionarios axilizarán o seu traballo diario.

- Publicidade -spot_img