Inicio Pontevedra Baixo Miño Todo disposto en Tui para celebrar San Telmo, unas Festas pensadas para...

Todo disposto en Tui para celebrar San Telmo, unas Festas pensadas para vivir na rúa

A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, polo seu papel fundamental na revitalización do Camiño de Santiago.

As festas de San Telmo 2017, que se celebrarán do 15 ao 24 de abril en Tui, estarán marcadas pola promoción do Camiño Portugués de Santiago e polo seu carácter popular. Así o explicaron esta mañá en rolda de prensa, o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos concelleiros María José González, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Martínez Tato e Miguel Capón Rey.  Por motivos laborais non puideron estar presentes Carmen Núñez e José Ramón Magán.

A concelleira de Cultura, María José González, destacou que continúan coa aposta iniciada en 2016, cando o Concello se fixo cargo da organización dos festexos patronais, pensando unhas festas para vivir e disfrutar na rúa. Coma novidade destacou o concerto do grupo Mago de Oz, previsto para o sábado 15 na rúa Compostela con entrada gratuíta, ao que se suma outro cambio substancial na programación que será que cada día se combine a actuación dunha orquestra (Passarela, América, Abanico, Capitol e Olympus) nas verbenas cun grupo musical (Fillos do Estramonio, Batemento,Pelepau e 6TAs9). Tamén ao igual que o ano pasado haberá actividades infantís todas as mañá na Área Panorámica a cargo de En Un Tris Tras e polas tardes proxeccións de cinema.

Ao tempo mantéñense eventos xa tradicionais cunha gran acollida por parte do público coma o Festival Folclórico o domingo 16, e a IX Semana de Teatro Afeccionado que terá lugar do luns 17 ao sábado 22. Amosou o agradecemento do Concello ás asociacións culturais tudenses tanto nestas actividades coma noutras que teñen lugar ao longo das festas e de todo o ano.

No eido deportivo o concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alonso, deu conta da celebración de eventos xa consolidados coma a Carreira Solidaria de San Telmo xunto á Andaina de San Telmo, unha Concentración de Coches Clásicos, un curso de Marcha Nórdica, o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala e a Copa San Telmo Eurocidade de Fútbol. Tamén explicou que este ano na Feira Cabalar, que se celebra o luns de San Telmo – 24 de abril – terá lugar ao longo de toda a xornada con distintas actividades e exhibicións.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que durante as festas reforzarase o servizo de limpeza na limpeza para que a cidade estea en perfecto estado, ao tempo que aproveito para solicitar a colaboración cidadá para manter Tui Limpo.

Yolanda Rodríguez, concelleira de Facenda, explicou dende o equipo de goberno apostan por facer unhas festas abertas para todos os públicos con actividades para disfrute da cidade, nas que o Concello fai un esforzo importante para que sexan unhas festas dignas e de calidade. Con respecto ao cambio de emprazamento das atraccións das festas, insistiu que a entrada en funcionamento do novo centro de saúde fai incompatible que se instalen no lugar onde o viñan facendo ata o de agora na traseira da área Panorámica. A posta a dispor do novo terreo na finca Patazumba, que foi acondicionando oportunamente, é unha decisión pensada e consensuada por todo o equipo de goberno.

O tenente alcalde e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey, puxo o énfase no recoñecemento que durante o acto inaugural das festas se realizará a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe polo seu papel fundamental na revitalización do Camiño de Santiago, outorgándolle a medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro, tal e como acordo a corporación municipal en pleno.  Tamén puxo énfase que este ano haberá máis prazas de aparcamento xa que conseguiron por a dispor 10 mil metros máis grazas a acordos con propietarios de distintos terreos.

Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou que a profesora Dolores Balseiro Pose será a responsable da lectura do pregón das festas no acto a celebrar o próximo sábado, 15 de abril, ás 19.30hno Teatro Municipal de Tui. Incidiu amais o rexedor na aposta que durante estas festas se fai polo promoción do Camiño Portugués a Santiago, que será o eixo condutor do libro das festas con aportacións de historiadores e xornalistas especializados na materia. Un libro que será tamén unha homenaxe aos empresarios e industriais de Tui xa que no mesmo recolleranse fotografías antigas que recollen a importancia comercial da cidade, imaxes que tamén se exhibirán nunha exposición que abrirá as súas portas o sábado na Sala Municipal na Área Panorámica. Rematou o alcalde convidando a tudenses e visitantes a disfrutar duns festexos declarados de interese turístico galego polos seus múltiples atractivos, e que volverán pór a Tui no mapa cultural de Galicia.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies