Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra presenta en Madrid a "Rías Baixas, moito por...

A Deputación de Pontevedra presenta en Madrid a “Rías Baixas, moito por descubrir. Por moitas razóns”

a-deputacion-de-pontevedra-presenta-en-madrid-a-rias-baixas-moito-por-descubrir-por-moitas-razons

A sede da SGAE, en Madrid, acolleu a presentación da campaña promocional do destino Rías Baixas destinada a xornalistas e operadores turísticos nacionais

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e por representantes do sector turístico, deron a coñecer na sede da SGAE, en Madrid, e ante un numeroso grupo de xornalistas e operadores turísticos nacionais, a campaña promocional do destino Rías Baixas para este ano 2017.

Carmela Silva resumiu os principais eixos de promoción da provincia de Pontevedra durante este ano 2017 e encadrada baixo o lema “Rías Baixas, moito por descubrir. Por moitas razóns”: os Festivais Rías Baixas, unha referencia cultural e musical xa consolidade e cunha grande proxección nacional e internacional; os seis camiños que discorren pola provincia de Pontevedra cara Compostela, o Camiño da Costa, o Camiño Portugués tradicional, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno, a Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla e a Ruta do Pai Sarmiento; e o enoturismo, da man de Cambados, nomeada este ano Cidade Europea do Viño.  Tamén engadiu a Presidenta da Deputación que “son moitas as razóns para visitar Rías Baixas pero sería preciso unha rolda de prensa diaria para dar a coñecer todos os atractivos turísticos desta terra tocada polos deuses”.

A presentación do destino estivo vertebrada arredor dos propios eixos promocionais, comezando polos Festivais, continuando co enoturismo da man de Cambados e rematando cos camiños que pasan pola provincia de Pontevedra cara compostela. Así tomaron a palabra os representantes dos Festivais Rías Baixas, Jordi Lauren e Carlos Domínguez,  que enxalzaron a complementariedade dos festivais, que “nen comparten datas nin público nin estilos musicais” e convidaron aos asistentes a “vir e gozar dunha ampla oferta que se estende de xuño a setembro e vai máis alá da música, complementándose co deporte, coa natureza e coa gastronomía”. Tanto Lauren como Domínguez remarcaron que o pasado ano os Festivais Rías Baixas supuxeron 26 millóns de € de impacto económico e un público asistente de 200.000 persoas “que están a contribuír a transmitir unha imaxe diferente do territorio e a posicionarnos nun mundo tan competitivo como no que vivimos”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, tivo a oportunidade de trasladar ao público asistente os principais atractivos do seu concello, Cidade Europea do Viño 2017, remarcando a tradición vitivinícola que se soubo converter “nun reclamo turístico moi propio da vila”. De feito, Abal mencionou á Festa do Viño Albariño, “que este ano celebrará o seu 65 aniversario” e as máis de cen actividades que se están a organizar en Cambados con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño.

E en canto aos camiños, a Presidenta fixo un percorrido polas seis rutas que transcurren cara Compostela invitando aos asistentes a “viaxar cara a nosa terra” da man da música de Teo Cardalda, que interpretou a peza musical promocional do destino Rías Baixas en directo.

Para rematar, Carmela Silva fixo un percorrido por todos os recursos turísticos da provincia de Pontevedra, recordando dende o patrimonio cultural, ata a paisaxe, coas nosas rías e ríos, o mar e os parques nacionais; as vilas mariñeiras; a gastronomía e a enoloxía;  as sendas fluviais; os xacementos arqueolóxicos, arquitectura e conxuntos históricos;  as festas e festivais musicais e cinematográficos;  ou os museos.  Razóns, todas elas, “para que veñan ás Rías Baixas”.

A presentación do destino Rías Baixas en Madrid contou cunha cámara 360º que gravou todo o que estaba acontecendo na sede da SGAE. Amais, as persoas asistentes tamén tiveron á súa disposición gafas de realidade virtual coa finalidade de que puidesen coñecer en tres dimensións os principais recursos turísticos da provincia de Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies