Inicio Baixo Miño A Guarda O Concello da Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio...

O Concello da Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio para promover, fomentar e incentivar a práctica deportiva do balonmán

O Concello da Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio para promover, fomentar e incentivar a práctica deportiva do balonmánO Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o Presidente do Mecalia Atl. Guardés, José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.

Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva «Tempada competición balonmán 2018-2019» para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores.

Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar de que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada xa para facer a retransmisión do partido en streaming por internet do vindeiro sábado día 2 de novembro, no encontro que terá lugar entre o Mecalia Atl. Guardés e o Balonmano Salud Tenerife previsto para as 20:00h na sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/20. As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade.

Pola súa banda, Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, cun equipo de élite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies